STARgal (os videoxogos a concurso)

Estes son os videoxogos Scratch sobre os que versa esta proba.

Bases:

  1. Para participar tedes que estar matriculados en Primaria ou Secundaria Obligatoria, e sempre o faredes baixo a coordinación dun profesor/a responsable
  2. Recoméndase que antes do inicio da competición vos teñades rexistrado na plataforma Scratch
  3. Cada concursante dispón de 20 minutos para xogar ós 4 videoxogos propostos, podendo repartir o tempo como mellor estimedes.
  4. Os videoxogos da competición penduraranse neste blog ás 8.30h da mañá do martes 16.
  5. O profesorado responsable en cada centro tomará nota dos puntos que obtén cada parella, realizando unha foto/captura de pantalla do resultado. Os mellores resultados de cada centro enviaranse ó correo electrónico iesacachada@edu.xunta.es, indicando nome do centro, nome do profesor/a, nome do/da concursante, e un teléfono de contacto 
  6. Suxerimos que os resultados se twitteen co hashtag #STARgal e mencionando o @iesacachada
  7. Non poderá usarse internet nin móbil durante a proba
  8. O profesorado responsable velará porque se cumplan as normas de participación en cada centro
  9. Establécese un premio por categoría, que consistirá nun kit de robótica para cada centro gañador
Durante o día do STARgal, no noso centro xogamos tod@s á
Limpa e dá esplendor (borra ó escritor/a que non levou as Letras Galegas. Require webcam)



2 comentarios:

  1. Non se pode acceder a estes videoxogos. Alguén máis tivo ese problema?

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois nós podemos xogar perfectamente... terás actualizado o flash player?

      Eliminar